16/10/19

01


Doula

Nacín e xiréi a cabeciña para ollar aquel home
que pelaba unha pequerrecha pataca. Sentín un fío pola meixela.

/
A estratexia do loito foi non falar do morto
e sí do balbordo que rodéa ás doulas.

/
Teño que confesar que nese cerco delas 
atopéi as fendas que me deran luz.
Suficiente como para saciar a incredulidade.

-Congregar ó proximo ata a extinción- esas foran as súas derradeiras verbas, antes de eu perder o sentido embriagado polo canto das doullas e caer nun sonho no cal creía ser poeta nun mundo predizível ata acadar o cotiá obsceno nas prazas political corporation e o carro das castañas e os pantalóns curtos do domingo na sima o deserto procura o rastro que vai deixando atrás cada último inverno

E agora é cando entendo o xiro
            a muda da cortiza
            o afroitar da cereixa
            e a vaidade das máns.

A vida precisa da lentitude para ser certa
por moito que fites no fío do visturí –dígome
¨´
por moito que chuches nesa cunca
por moito que ouvés ao céo érguete clavícula de baléa outeiro maior...
e axudareite ca trompa dun elefante á recoller as ramas secas da ortografía
da semente dos carballos.

Escribin a verba amizade nunha dorna
de cando en vez atrevíame a cruza-la ría
dito por mariscadoras de betún e clavicémbalo
cos pés tantas veces lúa de marco

                        de planeadora e batéa.

Cheguéi ao amor cruzando o mundo
¿ou o mundo cruzouse amazonía? lembro sí que foi día
e as estrelas negras que deran luz ao mar que eiquí te trouxo...
                                   de súpeto        palavras nom sair.
Estela, lampo...
Os datos máis recentes
cada inverno
unha selva morre.


No hay comentarios:

.

.