22/8/15

*




Ela foi morta

por un fío ardente

alí onde a desigualdade

engola amor doméstico polos números.

 

No rito simbólico onde se repelen naiciñas

no remorso desa conciencia

ela foi morta.

 

No promontorio da autoestima do misóxino galán

gárdase a venda do corpus ambulante.

Non se sinte culpable. E non.

 

Realmente. Non hai crime. Non hai corpo.

Só estrelas negras que atraversan

un calexón

dun lume de palavras feitas pra leis

                        muro               /           obxeción.

Atrévome a poñer nome a este exilio.

Ela foi morta.

*




Mentres, unha fenda na terra

unha nena, bota un barquiño de papel

cunha margurenta mensaxe.

 

A materialidade é a maternidade do corpo.

 

Mais non é un xogo é exploración

alfarería

mergullar as superficies

atè baleirar os olhos

e descobrir

que a beleza sempre está detrás

a piques de cair

coma verde antes de afroitar.

 

Maus sen embargo que ouvéan o salouco

cos azos de inaugurar o xogo

maus que escaravellan no son tripado dos caracois.

 

Lusco que preña a terra

fusco que trona o ceo, e ela

a nena, razóa co latexo.

 

A materialidade é a maternidade do corpo.

16/8/15

*


STOP

Detrás do fervor brumoso espallado neste ar
baléirase a lúa para facer chantos
dun tempo composto de fadas orientáis
conxura
da cidade grande dos homens
aparcadoiro de ialmas.

No meu olhar desaugan brañas vizosas
afástase o incenso no humus da noite
ven un gato pardinho a uliscar nun carter
pingadinho
pregúntame se non teño carro
eu fago un parte de sobremesa
enterro a culler
taquigrafar xérmens
recoller
meter a pistola na funda.

Sempre a mesma historia
                endeXamáis escrita.
Mapa
                Tránsito
gabear polos ramallos
atè tornar á casa
acibeche sen lúa.
Febles nesta longa noite.

Trebellos.

*


ENXERTO

Escribir para nom falar e quedar afónico
precisar a prótese
de ter que falar.


11/8/15

*

            CÉO

Dixéronlle que tiña que ser quén de desenganar o céo
usar as unllas ata predecir un tempo, outro tempo
flabeado coma a cola dun pavo real, outro tempo.
Xa grasexa a carne a punto de ser espicañada.
/
Con mans eivas, to(u)pas, arrinca da cárcere a tempestade
o eixo de todas as infancias, os cánticos máis feros
torturados aquiles que son culpados, os que fan, os que din
e sempre pensan antes de actuar e así pecan contra a sin-
razón da Orde e as súas fermosas, verbas, do val ermo
/
O céo sempre está enganado, engulle un terrón que nom tem nome
e os homes que o desexan mata lentamente
chove
na pel
unha lingua
ouvéa con todas as dores incluso cas caneiras pasaxeiras
ten un nome
céo

/

*

LUME
Arde materia adentro no remorso do crime

Agochade
con dedos crebadizos as escolmas dos mineráis ardentes

Atemperade
os fíos cumprindo cadéa perpetua nun complexo binario
ata que os vagarentos procuren  sombra.

Todavía segue sendo demasiado tarde
pero a eternidade trema posuindo o soño
nu
pedra contra pedra
muiño de feito tempo múxicas
no pano inquedo dos caracóis.

Lánzasme lume á escura verdade
absolvo o bebedizo no hourizonte agoirento

atè chegar o nome inesperado.

2/8/15

*




METAL

A besta que fuxíu da casa nom voltará
tem um derradeiro camiño ata súa presa,
os dois deglutem o metal atè o silenzo.

*




Chegar

Decátome hoxe nesta longa noite da relatividade do mumdo,
ademáis da sospeita do corpo do crimem bem finado,
- exporse ata fornecer a erosión –atrás, fumega a comfusión.
Atrévome a decir non podo
non podo e sem embargo
digo podo. Mergúllome.

Alén dos mares qué nâo femde no lombo da Atlántida,
eu mesmo chego as costas bailando coma um peixe.
Brilando os anzois cobizosos ancoránme na beirada.

( cantiga de pranto xalundes d’horta )

*


ARXILA

Aquilo nascido, afincado     -travesa entre ombros
tebra antropotécnica retornante, manca
mente  
dor
preme no atraverso como se en verdade o desexaras
sen apropiacións fetichistas,
a argilam nao tem compromisso.


.

.