CÉO
Dixéronlle que tiña que ser quén de desenganar
o céo
usar as unllas ata predecir un tempo, outro
tempo
flabeado coma a cola dun pavo real, outro
tempo.
Xa grasexa a carne a punto de ser espicañada.
/
Con mans eivas, to(u)pas, arrinca da cárcere a
tempestade
o eixo de todas as infancias, os cánticos
máis feros
torturados aquiles que son culpados, os que
fan, os que din
e sempre pensan antes de actuar e así pecan
contra a sin-
razón da Orde e as súas fermosas, verbas, do
val ermo
/
O céo sempre está enganado, engulle un terrón
que nom tem nome
e os homes que o desexan mata lentamente
chove
na pel
unha lingua
ouvéa con todas as dores incluso cas caneiras pasaxeiras
ten un nome
céo
/
No hay comentarios:
Publicar un comentario