28/10/19

06


][ Outono en Rianxo (1966) Reload ]

nu
un


Non teño idea porqué escribo contra mín.

Véxome vir en voz baixa papando migallas
apagando candís pola rúa Rosalía de Castro.

Farto na negrura dignidade.

            pola mañán, cariña de rosas
            pola tarde, cara de can.

Escribo este poema porque vexo que voume dar unha ostia

como un mundo

a rúa é longa

apátrida tamén

ruim descenso por permanecer na escrita,
cada miga de pan

unha acusación anunciada estalando

o ritual

cuspe

debaixo da noite

os vagalumes aghárran-se no peito,

o fío, pasando de longo semella inquedanza de sombras

i eu, ou meus osos, profanan o chán co xiz


que deslinda as marxes do morto.

Paseniño, percorro o pobo.

27/10/19

05




Para non me perder

neste cemiterio ambulante

abro meu caderno de rasgunhos.


A primeira páxina contén a pegada dunha brúxula, unha

practica á sodomía ca agulla que indica o camiño ao fío, i é

nestes momentos nos que ti me retiras a palabra e as gaivotas

remexen no lixo ata convertir aquilo nun acto afirmativo do mundo.

As gaivotas adoitan facer cousas retóricas para o auditorio,
que reflexione sobre os seus propios sentimentos.

Abro do meu corpo un país de chuvia que quedará intacto e penso

cunha cabeza que vaise enchendo de terra
falo de mín
agardando saber de mín.

Para non me perder.

.

.